Chourizada · Mercadiño · Concertos
31 de Xullo — 1 de Agosto // Entrada e acampada libres
--días
--horas
--min
--seg
Ver o cartel Como chegar
Baixa
O cartel · 2 días

Que se coce

31 Xullo
A partir das 19:00h
Chourizada

Mesas longas, chourizo ben feito e a primeira cervexa da tardiña. Aquí séntase todo o mundo xunto.

Mercadiño

Postos de artesanía e xente da zona para ir quentando a noite.

Concertos
  • The Black Wings
  • Fendetestas
  • KZ-Angels
  • Rosa Caiman
  • DJ Repunante
1 Agosto
A partir das 12:00h
Mercadiño

Volven os postos, agora coa calma do mediodía. Bo momento para dar voltas sen présa.

Concerto acústico
  • Sr. Jingles
Coche vintage ao solpor — ilustración do festival OULE-GO!

Onde remata o asfalto

OULE-GO! son dous días en Oulego, no fondo de Valdeorras, alí onde Galicia fai fronteira con León. Música, monte e unha aldea coas portas abertas. Chega como queiras, planta a tenda e quédate.

Sen entradas, sen prezas: a entrada é libre e a acampada tamén. Só tes que traer ganas de festa e respecto polo lugar: o que entra, sae contigo.

ChourizadaMercadiñoConcertosAcampadaMonteMotor
Info práctica

Antes de arrincar

Acampada libre

Zona de acampada de balde no recinto. Trae tenda e saco, e leva o monte como o atopaches: coidámolo entre todos.

Como chegar

Oulego, no concello de Rubiá (Valdeorras, Ourense). Preto da A-52 e do Sil. Sitio para deixar a moto, o coche ou a autocaravana.(por completar)

Comida e bebida

Chourizada o primeiro día, e barra os dous días con viño de Valdeorras. O mercadiño, aberto de mañá a noite.

Entrada e acampada libres